Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
  Xestión
   

Pontevedra, exemplo de accesibilidade en Portugal

O Concello de Pontevedra xa ten ultimada a súa intervención en Lisboa na xornada “Portugal máis accesível”, organizado polo Ministerio de Trabalho do Goberno portugués, no que se quere mirar a Pontevedra como modelo a seguir. Os relatores serán o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que explicarán o modelo defendido na cidade nos últimos nove anos

Subir Voltar Home Mapa Web Imprimir Ampliar Texto Reduci-lo texto
O Concello de Pontevedra xa ten ultimada a súa viaxe a Lisboa para presentar aos presidentes das cámaras do país veciño o modelo de cidade impulsado dende Pontevedra nos últimos anos, no que a accesibilidade universal é un dos seus eixes fundamentais. A visión que o alcalde do municipio, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Infraestrutura, César Mosquera queren ofrecer aos congresistas é a defensa dun modelo que aportou seguridade, dinamismo económico, calidade de vida, e fixo da cidade de Pontevedra unha cidade para todos: pais, nais, nenos, anciáns, minusvalidos... Unha cidade amiga feita por todos.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera presentou hoxe a revista que o Concello creou ex professo para esta cita titulada “Pontevedra accesíbel” na que se incluen tres artigos: do alcalde, do concelleiro de Infraestruturas, e da ex concelleira Camen da Silva, na que se fai referencia ao modelo polo que aposta Pontevedra. O artigo de Miguel Anxo Fernández Lores leva por título “A cidade amiga”, a de César Mosquera “Accesibilidade en medio urbano”, e a de Carmen da Silva “Exemplos dunha acción froitífera”.

A publicación entregarase aos congresistas así como un CD que o Concello elaborou con motivo da entrega do premio Cermi como cidade accesíbel, e a revista que se creou con motivo da entrega do Premio Nacional de Patrimonio Cutural por parte da Xunta de Galicia, onde se aprecia perfectamente a transformación da cidade.

César Mosquera indicou que “un Estado tome a Pontevedra como exemplo de boas prácticas é de rango superior no posicionamento exterior que está a ter a nosa cidade”.

O concelleiro adiantou que a visita a Lisboa tamén servirá para pechar lazos de colaboración co país veciño. Xa se está a tratar a posible convocatoria dunh congreso internacional en Pontevedra ou de relacións de técnicos portugueses con técnicos municipais de Pontevedra.

Segundo explica o Instituto Nacional para a Rehabilitación, do Goberno Portugués, o propósito desta conferencia será analizar cal foi o papel dos dirixentes políticos en materia de promoción da accesibilidade, e dar a coñecer programas e proxectos de ámbito local, nacional e mesmo internacionais que sexan mobilizadores de boas prácticas, a seguir no futuro.

Con esta conferencia, na que Pontevedra se tomará como modelo pretende “transmitir a idea de que unha sociedade moderna e democrática e tamén unha sociedade máis accesíbel a aqueles que por limitacións funcionais presentan dificultades en participar nos variados contextos da vida en sociedade; proporcionandolles a autonomía e permitindo niveis de participaión e integración en igualdade de oportunidades”.


Documentos adxuntos:

Contidos relacionados:

Subir Voltar Home Mapa Web Imprimir Ampliar Texto Reduci-lo texto
Praza da Leña



Praza de Curros Enríquez



Rúa do Xeneral Gutiérrez Mellado despois da reforma urbana